Publicador de contidos
Publicador de contidos

A auga da traída non é apta para o consumo en Valencia do Sil

A auga da traída non é apta para o consumo en Valencia do Sil

As últimas análises amosan que a auga está contaminada

G24.gal 21/06/2022 14:20

En Valencia do Sil a auga da traída non é apta para o consumo. Non se pode beber nin tampouco utilizala para cociñar.

"Esta auga nada, só se pode utilizar para lavar ata nova orde".

Así llelo comunicou o Concello aos veciños a través dun bando porque as últimas análises amosan que a auga está contaminada.

"A auga é escasa e andan os xabarís por onde está o manancial, entón que pasa? pois que se contamina, é normal que pasen estas cousas".

A auga da traída procede dun manancial próximo a aldea, outro distinto do que abastece a fonte á que moitos acoden dende hai anos. Unha avaría no depósito e a escaseza de auga nos mananciais poden ser agora a posible causa do problema na traída. 

"Ao haber pouca auga no depósito e caer dende tan arriba, pois move todo e trae moita terra".

"Este ano a cousa é mala, mala... non hai auga en ningún sitio. Eu vivo aí en Arnada e tamén temos unha auga toda barrada, toda sucia".

Polo de agora, ata que se determine a orixe da contaminación e se atope unha solución, toca pechar a billa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos