Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia Nacional rexeita suspender preventivamente o imposto á banca

A Audiencia Nacional rexeita suspender preventivamente o imposto á banca

Os maxistrados limitáronse a rexeitar a suspensión cautelar, sen entrar na legalidade da taxa aprobada polo Goberno

G24.gal 12/09/2023 10:46

A Audiencia Nacional descartou a suspensión cautelar do imposto á banca tras rexeitar os recursos presentados por Bankinter, Kutxabank -a través da súa filial Cajasur- e Sabadell, ao entender que non lles causa un prexuízo grave nin pon en perigo a súa supervivencia.

Segundo confirmaron fontes xudiciais, os maxistrados da sala do contencioso limitáronse a rexeitar a suspensión cautelar, sen entrar na legalidade da taxa, e descartaron tamén elevar esta cuestión ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE).

A sala considera que rexeitar a suspensión non supón un prexuízo irreparable, debido a que en caso de estimarse finalmente o recurso trataríase dunha situación perfectamente reversible mediante a devolución do pago co abono dos intereses preceptivos (levando a efecto as compensacións necesarias).

A orde ministerial, aprobada a comezos do pasado mes de febreiro, supón para as entidades financeiras cuxos xuros e comisións superasen os 800 millóns en 2019 pagar un tipo do 4,8 % da suma de ingresos netos por xuros e comisións.

Con iso, o Goberno confiaba ingresar por esta vía 1.500 millóns anuais, ou sexa, 3.000 millóns entre 2023 e 2024, aínda que as modificacións sufridas pola norma durante a súa tramitación parlamentaria reduciron estas cantidades, cuxo segundo pago debe facerse este mes.

O imposto, que afecta tamén as grandes empresas enerxéticas, tamén foi recorrido polas patronais bancarias AEB e CECA; ademais a Sala xa se pronunciou en contra da pretensión de Repsol de suspender preventivamente a taxa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar