Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fabril e UCAM Murcia deixan a resolución da eliminatoria para a volta

Fabril e UCAM Murcia deixan a resolución da eliminatoria para a volta

Partido moi duro e trabado en que houbo poucas ocasións de gol

A mellor estivo nas botas de Kevin, pero o seu remate marchou contra o pau

G24.gal 11/05/2025 20:59

Unha batalla é o que lle agarda ao Fabril no partido de volta contra o UCAM Murcia. Empate sen goles no partido de ida no que houbo infinidade de faltas nun encontro moi trabado e no que o UCAM evitou o habitual xogo do filial deportivista. 

Na primeira parte as ocasións brillaron pola súa ausencia. Sí houbo polémica nunha caída de Luque na área diante de Damián Canedo. O segundo tempo comezou coa mellor oportunidade do partido, un remate de Kevin Sánchez que sacaron entre Ackerman e o traveseiro. O UCAM respostou cun remate cruzado desde o vértice da área que salvou Alberto Sánchez. 

Ningún dos dous conseguiu mover o marcador e o encontro acabou cunha lea, froito da tensión coa que se viviron os primeiros noventa minutos da eliminatoria. Quedan outros 90 (ou 120) e o Fabril agarda que o UCAM non sexa tan defensivo e arrisque un pouco máis xogando como local. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade