Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia Nacional queda co caso do Pitanxo e non descarta baixar ao barco

A Audiencia Nacional queda co caso do Pitanxo e non descarta baixar ao barco

O xuíz Ismael Moreno asume as competencias no caso 

Juan Padín e o seu sobriño, Eduardo Rial, declararon ante a Audiencia Nacional no mes de xuño Juan Padín e o seu sobriño, Eduardo Rial, declararon ante a Audiencia Nacional no mes de xuño
G24.gal 09/09/2022 14:50

O xuíz da Audiencia Nacional, Ismael Moreno, acordou finalmente asumir a competencia do tribunal para investigar o afundimento do Villa de Pitanxo, o pasado 15 de febreiro en augas de Terra Nova, no Canadá.  

Nun auto emitido deste xoves, o titular do Xulgado Central de Instrución número 2 explica que non existe unha clara previsión legal que aborde a casuística producida nestes feitos que poida conducir a unha determinación da competencia clara, se non que poden suscitarse interpretacións de distintos signo.  

Con todo, indica que de acordo co principio de "ubicuidade" definido nun acordo do pleno non xurisdicional do Tribunal Supremo, a competencia radicaría no xuíz que primeiro iniciase as actuacións procesuais co fin de evitar dilacións indebidas.  

Así as cousas, o xuíz conclúe que en aras a evitar incertas e posibles cuestións de competencia con diferentes xulgados de instrución, o que podería dar lugar a dilacións derivadas da formulación das cuestións, "procede manter a competencia deste Xulgado Central de Instrución para seguir coñecendo da presente causa".  

É por iso que o xuíz rexeita a proposta de inhibición interesada polo Ministerio Fiscal e pola representación de Pesqueiras Nores Marín SA e de Juan Enrique Marín.

Nun primeiro momento o Ministerio Público apuntou que a competencia sería dos Xulgados de Instrución de Marín, a cidade onde se atopa o porto basee do barco. Así o plasmou a Fiscalía no informe que remitiu o pasado mes de marzo ao xuíz instrutor, no que xa avisaba de que a Audiencia Nacional non era competente para profundar nos feitos.  

Por mor dese informe, o xuíz Ismael Moreno acordou o 4 de abril inhibirse en favor do Xulgado de Instrución de Marín. Con todo, dito xulgado pontevedrés rexeitou a inhibición ao entender que os supostos delitos que se investigan foron cometidos en augas internacionais.  

Posteriormente, a Fiscalía emitiu un segundo informe sostendo que a competencia para indagar nos feitos era dos xulgados de Vigo por ser o porto da cidade desde o que partiu o barco o pasado 26 de xaneiro. Finalmente, o xuíz rexeitou este extremo.

Pola súa banda, a portavoz das familias, María José de Pazo, valorou que a Audiencia Nacional sexa competente para instruír a causa. De tal forma, os familiares móstranse "moi contentos" de noticia, xa que van "camiño de sete meses" do sinistro.  

"Tiñamos moito interese en ter un órgano instrutor e que coñecese a causa", explica. Así, deu as grazas á defensa que os representa, así como á Garda Civil, que "continúa coa investigación.  

De Pazo asegura que están "moi, moi, moi contentos" de "ter, por fin, un órgano que vaia canalizar esta investigación e instrución".  

Así mesmo, remarca que no auto notificado este venres "non se descarta a baixada ao barco", de forma que se vai pedir un informe para que o xulgado determine "a necesidade e utilidade" desa medida. Por tal motivo, apunta que os familiares tamén están "contentos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade