Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia de Madrid arquiva a investigación a Nacho Cano

A Audiencia de Madrid arquiva a investigación a Nacho Cano

Os maxistrados estimaron parcialmente o recurso de Nacho Cano e do resto dos investigados e acordaron o sobresemento provisional da investigación que dirixía o Xulgado de Instrución 19 de Madrid

Gustavo Valiente/Europa Press Gustavo Valiente/Europa Press
G24.gal 25/04/2025 12:26 Última actualización 25/04/2025 13:04

A Audiencia de Madrid arquivou a causa aberta ao produtor musical Nacho Cano ante a "falta de indicios racionais" de que cometese os dous delitos polos que o investigaban, ao considerar que non tratou de introducir irregularmente no país a mozos mexicanos que traballaron como bolseiros no seu musical 'Malinche'.

Os maxistrados da sección primeira da audiencia madrileña estimaron parcialmente o recurso de Nacho Cano e o resto dos investigados, e acordaron o sobresemento provisional da investigación que dirixía o Xulgado de Instrución 19 de Madrid.

Os xuíces descartan seguir "con tan prolixa investigación, cando xa se deu unha explicación razoable" e de todo o actuado -din- "despréndese un falta de indicios racionais suficientes de comisión dun delito contra os dereitos dos traballadores e dos estranxeiros, con independencia de que cumpran ou non os requisitos administrativos a valorar noutra xurisdición".

Segundo o auto, Nacho Cano e os directivos do musical 'Malinche' seguiron "un procedemento non pouco común consistente en entrar como turistas sen necesidade de visado e, unha vez no noso país, solicitar o visado para estudantes".

Para os maxistrados, "o procedemento pode ser ou non o adecuado", pero non é constitutivo do delito de tráfico ilegal de persoas. 

Engaden que do investigado queda probada "a realidade da finalidade de entrada dos bolseiros", que era formarse no musical en Madrid para logo representalo en México, e descártase tamén o delito contra os dereitos dos traballadores.

Neste sentido explican que "aínda que quedan dilixencias de investigación pendentes de practicar", as mesmas son "innecesarias" porque o segundo informe elaborado pola Inspección de Traballo deixa claro que os bolseiros mexicanos manifestaron que se atopaban matriculados na escola Jana para formarse en colaboración co musical de Nacho Cano.

Determinan que non se pode considerar que os investigados levasen a cabo "unha explotación dos bolseiros encubrindo a súa condición de traballadores", aínda que recoñece que os mozos se puideron ter "un horario algo distinto ao habitual", algo que non estraño ao tratarse dun musical e que non ven "abusivo".

Pronúncianse no mesmo sentido sobre as asignacións que recibiron os bolseiros, e precisan que, como dixo a Inspección de Traballo, non era obrigatorio dalos de alta na Seguridade Social.

Por todo iso os maxistrados estiman parcialmente o recurso que interpuxeron catro dos investigados, que pedían o sobresemento libre da causa, e decreta o seu sobresemento provisional.

Nacho Cano foi detido o 9 de xullo de 2024 pola Policía Nacional acusado de delitos contra os dereitos dos traballadores e de favorecemento da inmigración irregular, como consecuencia da denuncia que interpuxo unha das bolseiras de 'Malinche', Lesly Guadalupe Ochoa.

A finais dese mes a xuíza abriu a causa contra el e outras tres persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade