Publicador de contidos

Publicador de contidos

A atención primaria e os hospitais galegos, "tensionados" polas infeccións respiratorias

A atención primaria e os hospitais galegos, "tensionados" polas infeccións respiratorias

A gripe, a covid e a bronquiolite están causando preto do 80 por cento das consultas no Sergas

Galicia aínda non acadou o pico de contaxios desta epidemia tripla

G24.gal 18/12/2022 14:17 Última actualización 18/12/2022 15:07

A gripe, a covid e a bronquiolite están causando preto do 80 por cento das consultas no Sergas, pero Galicia aínda non acadou o pico de contaxios desta epidemia tripla. Xúntanse ademais con outros virus como o do catarro común, o rinovirus ou adenovirus. Unha situación de alta incidencia que está a tensionar o sistema sanitario galego.

"Está tensionada evidentemente, está nestes momentos sobrecargada, pero afortunadamente o nivel de sobrecarga aínda nos permite seguir o resto de actividade con normalidade, hai que dicilo cun enorme esforzo por parte dos profesionais", asegura Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense.

Moitos dos casos soluciónanse na atención primaria, pero as infeccións respiratorias en persoas vulnerables lévanas a acudir aos servizos de urxencias e mesmo ao seu ingreso hospitalario.

"Maioritariamente os grupos máis afectados nestes momentos son os grupos de 0 a 5 anos e de 5 a 12 anos, afectacións máis leves. A nivel hospitalario os máis afectados son as persoas maiores, con enfermidades crónicas, que se descompensan a raíz desas infeccións respiratorias", engade. 

E ante unha situación de alta incidencia de diferentes virus respiratorios, os especialistas fan unha recomendación... o uso das máscaras para frear os contaxios.

"O uso da máscara que fan as persoas que teñen síntomas respiratorios é como un mecanismo de respecto e de protección aos conviventes ou ás persoas que nos rodean", destaca Félix Rubial.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos