A asociación vecinal do Ensanche compostelán pide o peche de dous locais nocturnos
Esta semana empezan unha recollida de sinaturas para que se controle o tráfico de drogas en locais e na rúa
A asociación Raigame do Ensanche de Santiago empeza o ano cunha recollida de sinaturas. O colectivo veciñal considera que o barrio está a degradarse por culpa dos locais de ocio nocturno e pretende facer visible o problema.
A primeira reclamación é o peche definitivo de dous negocios e de dous pisos.
"O peche definitivo dos dous "afters" en que na última redada do mes de novembro se requisaron cantidade de armas brancas, doses de drogas, e que non é nin a primeira, nin a segunda nin a terceira vez que se fan este tipo de redadas. O peche definitivo de dous narcopisos que traballan con sorprendente ou sospeitosa impunidade no número 5 da rúa Santiago de Chile e no número 6 da rúa Alfredo Brañas".
Consideran que o último informe de criminalidade do Ministerio do Interior dalles a razón.
"O informe di que aumentaron case un 50% as leas e as lesións ao redor de doce negocios de ocio nocturno en plena rúa, que aumentan os atracos aos comercios, case un 25%, cremos que relacionados con drogodependentes".
Danse seis meses de prazo para entregar as sinaturas no Concello ao que lle piden o control rigoroso das capacidades, sonómetros e licenzas de todos os locais nocturnos.