Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asociación de criadores de Rubia Galega poxa 22 vacas preñadas no Corgo

A asociación de criadores de Rubia Galega poxa 22 vacas preñadas no Corgo

Os animais, considerados excepcionais, vendéronse por 2.300 euros

G24.gal 13/11/2021 16:30

Nova poxa de gando de rubia galega. Acruga, a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacuo Selecto de Raza Rubia Galega, levou 22 exemplares de vacas preñadas de alta calidade ao recinto de Adai, no concello do Corgo, que saíron cun prezo inicial de dous mil euros. 

Son as máis cobizadas polos gandeiros porque as súas características as fan únicas. Son vacas procedentes da Granxa Gayoso Castro de Lugo, seleccionadas entre as mellores de rubia galega, para participar nesta poxa.

Están preñadas, entre 4 e 8 meses. O seu prezo de saída é de 1.950 euros. A poxa complétase con outros cinco animais, dúas femias e tres touros, tamén considerados excepcionais. 

A suba de prezo dos pensos, o gasóleo e a luz non favorecen os gandeiros, pero aínda así asisten a este tipo de poxas para conseguir os mellores exemplares. 

Vendéronse todos os animais, agás un touro. As vacas preñadas vendéronse por 2.300 euros. O prezo máis alto foi por unha becerra, que se adxudicou por 3.650 euros a un gandeiro de Castroverde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar