Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asma afecta máis de 135.000 galegos

A asma afecta máis de 135.000 galegos

A cuarta parte dos afectados teñen entre 6 e 14 anos e poden mellorar moito coa vacina da alerxia e o uso de inhaladores

G24.gal 02/05/2023 14:18

Hai compoñentes xenéticas e tamén ambientais para desenvolver asma, unha doenza que inflama e estreita as nosas vías respiratorias dificultando a inhalación e a exhalación. Provoca opresión no peito e pitidos.

Cumprir as pautas do tratamento e levar unha vida saudable, -sen tabaco e a ser posible sen tensión-, é fundamental para evitas as crises, que poden afectar moito á calidade de vida dos pacientes.

A cuarta parte son nenos de entre 6 e 14 anos, para os que a primavera é un momento un pouquiño delicado. A explosión floral, con todos os seus poles a circular polo aire, convértese nun detonante para as crises asmáticas, porque é moi frecuente que os que teñen asma teñan alerxia ao pole, fungos, ácaros.

Para eles as recomendacións son: intensificar o tratamento, saber cando se pode ou non expoñerse aos poles, ter medidas de contención na casa e tentar ventilar pouco.

"Unha crise asmática é unha obstrución do bronquio, o músculo inflámase e péchase un pouco e os pacientes notan que lles custa máis meter aire nos pulmóns. Recoméndase que non estean expostos a outros axentes como lixivias, ambientadores, colonias...", explica 
Sara López Freire, alergóloga.

Tamén afectan moi negativamente fumar e a tensión. Poden axudar as vacinas da alerxia e os tratamentos con inhaladores nos estadios iniciais, entre os nenos, que poden mellorar moito a calidade de vida e evitarlles no futuro as complicacións máis severas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade