Publicador de contidos

Publicador de contidos

A arquitectura sostible está vivindo na actualidade unha auténtica revolución

A arquitectura sostible está vivindo na actualidade unha auténtica revolución

Celébrase en Expourense o XVIII Simposium de enerxías renovables e eficiencia enerxética

Un encontro profesional onde se presentaron as últimas innovacións e construcións en que o consumo de enerxía é practicamente nulo

G24.gal 29/05/2025 14:05

A arquitectura sostible está vivindo na actualidade unha auténtica revolución. Algo no que concordan os relatores do simposio que se celebra hoxe en Expourense sobre enerxías renovables e eficiencia enerxética. Un encontro profesional no que expuxeron as últimas innovacións e as recentes construcións nas que o consumo enerxético é practicamente nulo.

A rehabilitación e ampliación deste edificio histórico de Ourense de 16 vivendas, moi preto dos mananciais de auga termal das Burgas, é o último da cidade que conta con calefacción de xeotermia. Explica Quico Jorreto, arquitecto especializado en sostibilidade, que tendo a auga quente das Burgas que sae a 32 graos e que hai que subila a 35 só para a calefacción o custo enerxético é mínimo, "en tres ou catro anos pode amortizarse o investimento en xeotermia", subliña.

A xeotermia, xunto co illamento, a distribución de espazos e o control solar e de aire reducen drasticamente as facturas. Nesta vivenda de Celanova, a primeira da provincia co certificado Passivhouse, o consumo enerxético é case nulo, e a demanda deste tipo de casas non deixa de medrar. "Estamos vivindo unha auténtica revolución", di Alfredo Fernández, organizador do simposio e xerente da empresa Ingeo de investigación xeotérmica.

Unha das novidades en que se afonda hoxe en Ourense no simposio profesional son os certificados que permiten monetizar os aforros enerxéticos recuperando parte do custo dos investimentos en eficiencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade