Publicador de contidos

Publicador de contidos

A arma de Cabalería peregrina a Santiago para homenaxear o seu patrón

A arma de Cabalería peregrina a Santiago para homenaxear o seu patrón

Ofreceron os seus estandartes ao apóstolo Santiago nunha parada militar no Obradoiro

G24.gal 15/06/2022 14:52

Trompetas e tambores acalaron o habitual balbordo do Obradoiro.  A arma de Cabalería facía a súa entrada na praza para homenaxear o apóstolo nun ano especial.

"O ano santo é especial para nós porque o noso patrón é o apóstolo Santiago desde tempos inmemoriais e oficialmente desde o século XIX" explica Ernesto de Novales, coronel e secretario da arma de Cabalería.

Os protagonistas da parada foron os estandartes, ofrecidos con solemnidade por representantes de todos os rexementos de Cabalería.

"Presentamos os estandartes ao patrón e o invocamos para que nos guíe e axude nas misións e cometidos que temos, agora estamos en moitas misións internacionais", engade o coronel Novales.

A homenaxe aos caídos e os himnos militares pecharon o programa dun acto que chamou a atención de moitos curiosos. 

Música que acompañou a Cabalería ata o interior da catedral, onde asistiron á misa do peregrino para completar a tradición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos