A área sanitaria de Lugo liderará o programa de cribado de cáncer de cérvix
Permite a detección da enfermidade antes de que se produza ou en estadios moi iniciais
A poboación diana deste programa son mulleres de entre 35 e 65 anos que non están vacinadas do virus do papiloma humano
O HULA vai coordinar en Galicia o programa de detección precoz do cáncer de cérvix. O programa piloto de cribado leva desenvolvéndose ano e medio no distrito sanitario de Lugo, e visto o resultado satisfactorio este mesmo mes implantarase xa en toda a área sanitaria e paulatinamente estenderase a toda Galicia.
O cribado busca a presenza do virus do papiloma humano no que está a orixe do cáncer de cérvix. Permite a detección da enfermidade antes de que se produza ou en estadios moi iniciais.
Dolores Basanta, coordinadora de implantación do cribado de cáncer de cérvix, di como sabemos que o cáncer de cérvix está causado por un virus que podemos detectar, podemos atallalo antes de que se inicie a enfermidade. De iso trata un cribado poboacional: evitar a enfermidade.
A poboación diana deste programa son mulleres de entre 35 e 65 anos que non están vacinadas do virus do papiloma humano.
Levan feitos uns 6.000 tests, cunha porcentaxe de positividade do 5,5 por cento en virus papiloma e detectados dous cancros.
A proba pode realizarse nun centro de saúde ou a través dun autotest no propio domicilio, que logo se deposita non contedores habilitados. O cribado, que tivo unha alta participación, farase extensivo paulatinamente a todas as áreas sanitarias. A análise das mostras centralizarase neste laboratorio de Microbioloxía do HULA, onde xa levan ano e medio traballando no programa piloto.