Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios feridos, entre eles dous deputados do PPdeG, nun accidente mútiple na AP-9 á altura de Oroso

Varios feridos, entre eles dous deputados do PPdeG, nun accidente mútiple na AP-9 á altura de Oroso

Foto: EFE/Lavandeira Jr / Galería e directo de CSAG
G24.gal 27/01/2026 10:08 Última actualización 27/01/2026 15:56

Un total de 23 vehículos impactaron este martes en cadea na Autoestrada do Atlántico (AP-9) á altura do quilómetro 53 en sentido sur, preto de Sigüeiro, no concello de Oroso.

O suceso, ocorrido contra as 9:10 da mañá, provocou que a infraestrutura permanecese cortada nese treito durante un anaco e que os vehículos que se desprazaban dende A Coruña cara a Santiago fosen desviados na saída de Ordes. O tráfico tivo que saír da AP-9 nese punto e continuar o seu traxecto pola estrada N-550.

O sinistro provocou feridas a tres dos implicados, un deles de carácter grave. Entre os feridos están dous deputados do PPdeG, Gonzalo Trenor e Roberto Rodríguez, que viaxaban cara a Santiago para participar no Pleno do Parlamento, e que foron conducidos a un centro hospitalario. 

Fontes populares consultadas por Europa Press aseguran que están en observación para ver a súa evolución e que se lles realizaron distintas probas tras o sinistro. A súa vida está, trasladaron, fóra de perigo.

Tivo que ser cortado un carril a circulación, mentres se procedía á retirada dos vehículos implicados no sinistro.  A Garda Civil, que as seis da tarde informou da reapertura do carril, baralla que unha cortina de sarabia á saída dunha curva puido ser a causa do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade