Publicador de contidos

Publicador de contidos

A estrada N-525 volve estar pechada en Verín, Monterrei e Carballeda de Avia

A estrada N-525 volve estar pechada en Verín, Monterrei e Carballeda de Avia

A Garda Civil pide que non se circule pola provincia de Ourense, especialmente pola autovía das Rías Baixas e pola N-525

directo
G24.gal 15/08/2025 16:59 Última actualización 16/08/2025 21:38

A vaga de incendios da provincia de Ourense obrigou a cortar tramos de varias estradas na provincia, aínda que mantén a A-52 aberta, con algo de fume no seu paso por Rante, Estivadas, Verín e A Gudiña.

Tal e como informou a Garda Civil, este sábado en concreto está pechada a N-525 entre Estivadas e Verín; a N-120 na Rúa, entre os quilómetros 456 e 469; a subida ao castelo de Monterrei e a N-525 entre os quilómetros 175 e 178, no mesmo municipio. Tamén está cortada a estrada cara á localidade de Rante e as que saen de Carballeda de Avia.

O 112 informou tamén que os cortes afectan á OU-1018 entre os quilómetros 0 e 2, de Rebordondo a Cualedro.

 

A mellor decisión: non circular pola provincia a menos que sexa imprescindible

As autoridades piden prudencia, consultar os percorridos alternativos antes de iniciar a viaxe e seguir as indicacións da Garda Civil de Tráfico e dos equipos de emerxencias mentres continúan os labores de extinción dos incendios.

A Garda Civil pide especialmente que non se circule pola provincia de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade