Publicador de contidos

Publicador de contidos

8.000 mulleres corren contra o cancro de mama na Coruña

8.000 mulleres corren contra o cancro de mama na Coruña

A Carreira da Muller chama á investigación e ao diagnóstico precoz

G24.gal 28/09/2025 14:06 Última actualización 28/09/2025 14:36

A Coruña tinguiuse de rosa. Arredor de 8.000 mulleres saíron a correr contra o cancro de mama. 

"Sempre hai moita xente e cada ano máis. É moi agradable ver canta xente se move por isto", di unha corredora.

O cancro de mama afecta unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida. O ano pasado diagnosticáronse máis de 35.800 casos novos en España. 

A vencedora da carreira, a altleta valisoletana Ángela Viciosa, felicitábase por participar. 

"É un apoio para todas as mulleres. Eu teño aquí a miña nai, que veu de sorpresa. Para min é correr por elas. Encantoume como animaban e todo", afirma a atleta.

A carreira da muller contra o cancro da Coruña caracterízase por congregar participantes de todas as idades. 

"Unha carreira popular como é esta é o momento ideal para iniciarse na actividade deportiva", opina unha corredora.

"Non me cansei e volvería correr", asegura unha pequena.

"Esta carreira é a máis divertida das dúas mil carreiras ás que vou", mantén outra participante.

O evento busca impulsar a investigación, o diagnóstico precoz e a ampliación das alternativas terapéuticas tamén fronte ao cancro de mama metastásico, que representa entre un 5 e un 6 % dos tumores de mama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade