Publicador de contidos

Publicador de contidos

64.200 alumnos estudarán o próximo curso con libro electrónico en Galicia

64.200 alumnos estudarán o próximo curso con libro electrónico en Galicia

Son escolares de 630 centros educativos, despois da incorporación de 34 novos ao programa E-Dixital

G24.gal 13/05/2023 14:45

Máis de 64 mil alumnos de 630 centros galegos van estudar o vindeiro curso con libro electrónico, no marco do programa E-Dixgal implantado pola Xunta.

Son 34 os novos centros que se incorporan este ano ao programa que facilita ultraportátiles e acceso a contidos e materiais totalmente de balde a estudantes entre 5º de primaria e 4º da ESO. O que se pretende con esta medida é fomentar as competencias e capacidades dixitais do alumnado para conseguir unha verdadeira transformación dixital.

O Portal Educativo indica que destes 34 novos centros (12 da provincia da Coruña, catro de Lugo, catro de Ourense e 14 de Pontevedra), 24 incorporan o programa na etapa de primaria, nove na ESO e un en primaria e a ESO á vez.

Ademais, dous centros que xa contaban co programa en primaria incorpórano para o curso que vén en 1º da ESO. Por provincias, 225 deles están na Coruña, 102 na de Lugo, 58 na de Ourense e 245 na de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade