Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas destaca a convocatoria de 5.500 prazas para reforzar cadro de persoal e reducir a temporalidade

O Sergas destaca a convocatoria de 5.500 prazas para reforzar cadro de persoal e reducir a temporalidade

Está previsto que o Executivo galego convoque outras 100 prazas para postos de dificil cobertura, e por primeira vez prazas fixas para a categoría de enxeñeiro biomédico.

G24.gal 10/03/2026 19:33

O Servizo Galego de Saúde ten convocadas preto de 5.500 prazas para un total de 77 categorías. Co obxectivo de reforzar o cadro de traballadores dos profesionais e reducir a temporalidade durante este mes de marzo está previsto que o Executivo galego convoque outras 100 prazas para postos de dificil cobertura,  e por primeira vez prazas fixas para a categoría de enxeñeiro biomédico.

Segundo explicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, esta convocatoria reforza a aposta do Goberno galego pola cosolidación dos cadros de persoal e pola calidade asistencial que presta.

Durante os meses de abril e maio, a Xunta levará a cabo as probas para acceder ás 2.240 prazas convocadas en diferentes categorías de enfermería e tamén ás 236 de persoal de servizos xerais (PSX).

En concreto, o sábado 25 de abril desenvolveranse os exames das categorías de enfermería especialista en obstetricia-xinecoloxía, pediatría, familiar e comunitaria e do traballo. Ademais, o domingo 26 de abril terán lugar as probas da categoría de persoal de servizos xerais (PSX).

Xa o 9 de maio, o Servizo Galego de Saúde levará a cabo as probas de acceso da categoría de enfermería. En conxunto, estes procedementos selectivos contan con máis de 17.000 persoas rexistradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade