Publicador de contidos

Publicador de contidos

548 mortos en accidentes laborais ata agosto en España, un 17,3 % máis ca o ano pasado

548 mortos en accidentes laborais ata agosto en España, un 17,3 % máis ca o ano pasado

Son 81 persoas falecidas máis ca no mesmo período de 2021, segundo o Ministerio de Traballo

450 das mortes foron na xornada de traballo, 66 máis, un incremento do 17,2 %

98 faleceron in itinere, 15 máis, soben un 18,1 % respecto do mesmo período do 2021

493 accidentes mortais foron entre asalariados e 55 entre traballadores por conta propia

G24.gal 13/10/2022 13:05

Os accidentes laborais causaron 548 mortes nos oito primeiros meses do ano, 81 máis ou unha alza da 17,3 % fronte ao mesmo período do ano pasado, segundo os datos actualizados polo Ministerio de Traballo.

Deses accidentes mortais, 450 foron na xornada de traballo, 66 máis ou un incremento do 17,2 %; mentres que 98 foron en desprazamentos ao traballo, os denominados in itinere, 15 máis ca no mesmo período do ano pasado ou unha repunta do 18,1 %.

Dentro dos accidentes en xornada laboral, por causas naturais morreron 181 persoas, 35 máis que no mesmo período de 2021. Entre as causas naturais destacan os infartos e derramos.

Por sectores, os servizos acapararon o maior número de accidentes mortais en xornada de traballo con 209, aínda que os maiores incrementos foron para a agricultura con 67 falecidos, 35 máis ca no mesmo período de 2021, e en construción, con 103 accidentes mortais, 26 máis.

Do total, 493 accidentes mortais foron entre asalariados e 55 entre traballadores por conta propia.

Os sindicatos UXT e CCOO veñen denunciando desde hai meses o incremento da sinistralidade laboral, especialmente dos accidentes mortais, e reclamando plans de choque ante esta situación.

Os accidentes con baixa soben un 13,9 % e os accidentes leves, un 15,1 %

Nos oito primeiros meses do ano rexistráronse 415.546 accidentes con baixa, unha alza da 13,9 % fronte ao mesmo período de 2021. Deles, 365.636 foron en xornada de traballo e 49.910 in itinere.

Dos accidentes en xornada, a gran maioría, 362.632, foron leves, cunha alza do 15,1 %. Amais rexistráronse 368.219 accidentes sen baixa, un incremento do 0,7 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos