Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asasinadas 49 mulleres por violencia machista a piques de rematar 2022

Asasinadas 49 mulleres por violencia machista a piques de rematar 2022

Decembro, o mes máis tráxico, con 11 vítimas mortais e dous casos en investigación

Ingresa en prisión o acusado de asasinar a muller embarazada en Escalona 

G24.gal 30/12/2022 19:28 Última actualización 31/12/2022 09:53

A morte de mulleres por violencia machista en 2022 xa supera a cifra do ano pasado. E decembro iguala o mes máis tráxico desde que existen rexistros .

Este venres ingresou en prisión Juan José, de 52 anos. A xuíza acusouno dos delitos de asasinato e aborto. Presuntamente matou cun coitelo de cociña a súa muller en Escalona, Toledo, provocando a morte do fillo que esperaba e estaba a piques de nacer. Tamén lle retirou a patria potestade dos dous fillos en común, de 13 e 14 anos, que presenciaron o crime.

Igualdade confirmou a natureza machista do asasinato dunha moza de 20 anos en Puente de Vallecas, Madrid. Este caso eleva a 11 as vítimas mortais da violencia de xénero en decembro e a 49 as mulleres asasinadas polas suas parellas ou exparellas en 2022.

Deste mes de decembro seguen baixo sospeita un caso en Soria e outro en  Benidorm. O xulgado de violencia sobre a muller da localidade alacantina deixou en liberdade provisional o detido pola morte da súa parella. A moza precipitouse desde un sexto andar.  A causa segue aberta pero a investigación policial apunta a que os feitos puideron producirse de xeito accidental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade