Publicador de contidos

Publicador de contidos

40 anos da TVG: a ficción e as dobraxes que foron ensanchando a nosa lingua

40 anos da TVG: a ficción e as dobraxes que foron ensanchando a nosa lingua

Repasar algúns momentos daquelas series e traducións supón un exercicio instantáneo de nostalxia

Celebración dos 40 anos da Televisión de Galicia
G24.gal 23/07/2025 16:46 Última actualización 23/07/2025 17:48

Nova pílula de nostalxia nesta semana de celebración dos 40 anos da Televisión de Galicia. Desta volta, imos lembrar as ficcións en galego que marcaron estas décadas, incluíndo, como non, as míticas dobraxes.

Lembramos momentos coma o da chegada, de súpeto, da ficción televisiva galega con exteriores. Toda unha escola. A finais dos 90, Mareas vivas supuxo todo un fenómeno lingüístico e de público. Chegou a acadar un 50 por cento de audiencia. 

Antes de Mareas vivas, atopamos un precedente de éxito na ficción en plató de A familia Pita e, sobre todo, Pratos combinados. Despois de Mareas vivas, o sector experimentou un crecemento que nalgúns casos conseguiu un eco internacional. 

E non podemos esquecer a importancia da dobraxe, que nos fixo lembrar películas e series en galego, cun impacto particular na infancia. Escoitar algúns diálogos supón un exercicio instantáneo de morriña. 

Son retallos da ficción que houbo habendo, hoxe tan accesible coma necesaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade