Publicador de contidos

Publicador de contidos

368 días despois retorna a LEB Ouro o COB Ourense

368 días despois retorna a LEB Ouro o COB Ourense

Co marcador favorable da ida (8 puntos) e a derrota 81-84 hoxe logran o ascenso logo dunha tempada complicada para eles

G24.gal 21/05/2022 21:06

O Club Baloncesto Ourense retorna só un ano despois á división de prata do baloncesto estatal. Logo do seu descenso a tempada pasada e dunha tempada complicada con cambio de adestrador polo medio, os ourensán conseguírono.

E, se cabe, con máis mérito, xa que tiveron que xogar as eliminatorias do play-off para facelo. Co resultado favorable da ida  (por 8 puntos) e malia a derrota 81-84 de hoxe nun partido sufrido e cun final de infarto no que o Navarra tivo dúas triplas para ascender, certiciaron o seu ascenso.

O acerto ofensivo marcou o primeiro cuarto, estivo moi igualado tanto no marcador (29-29) como nas sensacións. O segundo semellaba comezar igual..., pero un parcial 0-18 do cadro navarro desequilibrou o marcador e metía o medo no corpo dos ourensáns. Ao descanso tiñan perdido o ascenso. 

Pero reaccionaron os de Guillermo Arenas, no terceiro e último cuarto. Con xogadas claves de Darius Carter, Djukanovic, Van Wijk ou Javi Marin. Baixaron o acerto pero melloraron en defensa. E malia iso, o Basket Navarra tivo dúas triplas consecutivas para lograr o ascenso. Por sorte para os ourensáns non foron quen de anotalos e cos tiros libres posteriores pecharon a eliminatoria que lles permite volver a LEB Ouro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos