Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trinta anos sen Freddie Mercury

Trinta anos sen Freddie Mercury

Trinta anos despois da morte do líder da banda de rock británica Queen, a súa pegada é imborrable

Catorce discos de estudio, sete discos de directo, dez recompilatorios, 48 sinxelos e dous como solista

Beatriz Moyano 24/11/2021 21:31

Pasaron 30 anos, 10.957 días e medio, en que, probablemente nalgún lugar do mundo, soa a súa música. Son 30 anos sen a icona total; pola súa voz, o seu talento no piano e na composición e, por suposto, pola súa irreverencia no palco e na vida.

Deixa un legado amplísimo: 14 discos de estudio con Queen, a banda que liderou, sete en directo, dez recompilatorios, 48 sinxelos... Un traballo que, 30 anos despois, é presente.

Freddie Mercury naceu en Zanzíbar, medrou na India e converteuse en estrela en Londres. Histórico é o seu concerto de Wembley, en que milleiros de persoas estableceron a capela un diálogo de cantos. 

Daquela tiña 40 anos, fixo público que padecía sida un día antes da súa morte, aos 45 anos. Deixou dito que no seu enterro soase "Barcelona", o tema que compuxo e cantou con Montserrat Caballé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos