Publicador de contidos

Publicador de contidos

25-N: os partidos chocan na estratexia para erradicar a violencia contra as mulleres

25-N: os partidos chocan na estratexia para erradicar a violencia contra as mulleres

O PP pide o cesamento da ministra de Igualdade, Ana Redondo

Sumar e Podemos consideran que as propostas dos populares poñen en risco a vida das mulleres

Radiografía das violencias machistas: 41 asasinatos de xénero e 570 denuncias diarias

Concentración de deputados e deputadas no 25N (EFE/ J.J. Guillén)
G24.gal 25/11/2025 14:43

A clase política volveu pedir nesta xornada que se erradique a violencia contra as mulleres. Celebrouse un acto no Senado, en que o seu presidente, Pedro Rollán, cualificou de "inasumible a brutal onda expansiva desta violencia".

Tamén no Congreso houbo un acto institucional en que a súa presidenta, Francina Armengol, denunciou que a violencia machista "é un lastre para a nosa democracia".

Pero máis aló da censura obrigada ou das boas palabras, a efeméride convértese tamén en argumento para o reproche entre partidos. Podemos e Sumar critican o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, por anunciar que derrogará a lei do 'só si é si' se chega ao Goberno.

Segundo Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos, "o seu machismo é un perigo para as mulleres", mentres a líder de Sumar e vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, pediulle "ás dereitas no noso país que deixen de xogar coas nosas vidas".

Para os populares, Pedro Sánchez preside o Goberno "que máis dano fixo ás mulleres", o último exemplo, din, os fallos nas pulseiras antimaltrato. Ester Muñoz, voceira do PP no Congreso, pediu a dimisión da ministra de Igualdade "por respecto a todas esas mulleres".

Lonxe de cesar a ministra Redondo, o Goberno reafírmase na súa estratexia fronte ás críticas da oposición. Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a voceira do executivo, Pilar Alegría asegurou que "a violencia contra a muller require de unidade e determinación, e por iso non imos permitir nin un paso atrás".

A ministra de Igualdade acudirá esta tarde ás dúas manifestacións que hai convocadas en Madrid porque, un ano máis, o feminismo volverá marchar dividido en moitas localidades. As rúas de máis de corenta cidades de España volverán tinguirse de violeta neste 25 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade