Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilaplana pagou o aparcadoiro ás 19:47 tras xantar con Mazón o día da dina

Vilaplana pagou o aparcadoiro ás 19:47 tras xantar con Mazón o día da dina

A xornalista achega ao xulgado o número da tarxeta coa que aboou 15,10 euros

A xuíza pide confirmar as horas de entrada e saída do vehículo

O xulgado solicita tamén chamadas do 112 e novos testemuños

Imaxe de arquivo (Jorge Gil/Europa Press) Imaxe de arquivo (Jorge Gil/Europa Press)
G24.gal 25/11/2025 16:36

A xornalista Maribel Vilaplana pagou ás 19:47 horas do 29 de outubro de 2024 un importe de 15,10 euros nun aparcadoiro próximo ao restaurante El Ventorro de Valencia, onde xantara co president da Generalitat, Carlos Mazón, o día da dina.

Vilaplana remitiu ao xulgado de Catarroja o número da tarxeta bancaria coa que realizou o pago. A maxistrada pediu agora que a letrada da Administración de Xustiza certifique as horas de entrada e saída do vehículo mediante o documento excel enviado pola empresa que xestiona o aparcadoiro.

Segundo ese documento, o cargo de 15,10 euros efectuouse ás 19:47:45 horas no aparcadoiro da Glorieta, na praza Tetuán. Paralelamente, a xuíza ordenou á empresa que confirme tamén as horas de acceso e abandono do coche de Vilaplana.

A xornalista declarou como testemuña o 3 de novembro. Indicou que Mazón non sabía o que estaba ocorrendo e que non apreciou ningunha présa nel cando o acompañou ao aparcadoiro sobre as 18:45 horas, mentres falaban de fútbol. Asegurou que non conservaba o tícket, mais comprometeuse a facilitar a matrícula do vehículo.

O dono do restaurante declarou o pasado venres que Mazón e Vilaplana saíron do local entre as 18:30 e as 19:00 horas e que os acompañou ata a porta. Explicou que marcharon sós e que non viu ningún servizo de escolta.

O xulgado pide chamadas do 112 e analiza unha morte en Guadassuar

A xuíza solicitou ao Centro de Coordinación de Emerxencias as gravacións das chamadas rexistradas no sistema Coordcom o día da dina entre un supervisor do 112 e persoal técnico de Emerxencias.

A instrutora decidiu citar como testemuña outra supervisora do 112. Ademais, requiriu ao Instituto de Medicina Legal un informe para determinar se a morte dun home no seu domicilio de Guadassuar o 30 de outubro de 2024 pode vincularse á dina, como pediu a súa filla nunha comparecencia xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade