A xuíza da dina cita como testemuñas os escoltas e o chofer de Mazón o 29-O
A maxistrada considera necesario saber se as testemuñas "efectivamente puideron oír algunhas das chamadas" que recibiu ou realizou Mazón
Carlos Mazón e Salomé Pradas, nunha imaxe de arquivo (Efe)
A xuíza que instrúe a causa penal pola xestión da dina acordou a citación, en calidade de testemuñas, dos escoltas e o chofer que estiveron ao servizo de Carlos Mazón o día da dina, concretamente entre as 15 e as 21 horas.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza da Comunitade Valenciana este venres, primeiro solicitouse a identificación destas persoas e posteriormente a súa citación.
A maxistrada considera necesario saber se as testemuñas "efectivamente puideron oír algunhas das chamadas ou os comentarios por mor deles", en alusión ao xefe do Consell e á entón conselleira de Xustiza e Interior, Salomé Pradas.
Entende a instrutora que é extrapolable a estas testemuñas os argumentos recolleitos no auto da Audiencia Provincial que ordenou a práctica da testifical da xornalista que comeu o 29 de outubro de 2024 co presidente da Generalitat.