Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ayuso acusa ao fiscal xeral do Estado de actuar coma nunha "ditadura"

Ayuso acusa ao fiscal xeral do Estado de actuar coma nunha "ditadura"

O fiscal xeral do Estado mantén o silencio tras a condena por revelación de segredos

Na Moncloa hai un sentimento de sorpresa e indignación, e insisten na inocencia de García Ortiz

O PP advirte que a estratexia do Goberno é o principio dun relato para indultalo

PSdeG e BNG critican a condena a García Ortíz; o PPdeG esixe responsabilidades políticas

A presidenta Ayuso defende a súa parella e carga contra García Ortiz e Pedro Sánchez
G24.gal 21/11/2025 14:24 Última actualización 21/11/2025 14:58

Álvaro García Ortiz borrouse á última hora da conmemoración dos 50 anos da monarquía, pero a súa figura estaba moi presente. O ministro de Xustiza sorría cos seus compañeiros de gabinete. Xusto detrás, Feijóo departía co alcalde de Madrid.

A procesión na Moncloa vai por dentro. A indignación no PP, a máis. O Goberno insiste en defender a inocencia de García Ortiz, "diga o que diga a sentenza", segundo o ministro Óscar López. “Non nos chupamos o dedo, é evidente que hai xente que está a politizar a xustiza. Non é a primeira vez que vemos unha sentenza inxusta. Os xornalistas fallan ás veces, os políticos fallan, os xuíces nunca fallan?”, concluíu.

Toda a esquerda saíu en tromba contra o Supremo. A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, criticou que se trata dunha sentenza “política”, constitúe unha “anomalía” e diríxese fundamentalmente “contra o Goberno” progresista. “Esta sentenza, cando a coñezamos, será estudada en todas as facultades de dereito de España”. A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, considera que a condena a García Ortiz, constitúe un caso de “guerra sucia xudicial e política de libro”, montado pola dereita “para tapar a corrupción” de Ayuso.

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, insistiu en  que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, orquestrou unha operación de Estado contra ela. Nunha declaración institucional o día despois da condena ao Fiscal Xeral do Estado.

“Por sorte o Estado de dereito está aquí. É unha boa noticia”, dixo Ayuso desde a Porta do Sol, sede do Executivo madrileño. Ayuso dixo que Sánchez e o fiscal xeral, Álvaro García Ortiz, “operaron coordinados e foron condenados” polo Tribunal Supremo. Tamén engadiu que Sánchez pode estar a preparar “algo exasperado” para as próximas datas. A presidenta madrileña denuncia feitos propios da "ditadura" e responsabiliza a Pedro Sánchez. 

En Génova cren que Pedro Sánchez está construíndo o relato para poder indultalo. O Goberno, mentres, xa lle busca un substituto a García Ortiz. O novo fiscal xeral debe ser un xurista de recoñecido prestixio con máis de 15 anos de exercicio efectivo da súa profesión. A dúbida está en se García Ortiz agardará pola súa remuda ou abandonará o cargo antes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade