Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ángel Arcos, novidade na convocatoria de Giráldez

Ángel Arcos, novidade na convocatoria de Giráldez

Giráldez non quixo forzar o regreso do sueco Williot Swedberg

Foto Celta
G24.gal 21/11/2025 14:51 Última actualización 21/11/2025 15:14

A presenza de Ángel Arcos, un dos atacantes do filial, é a principal novidade na convocatoria de Claudio Giráldez para o partido que este sábado disputará o Celta contra o Deportivo Alavés.

O extremo esquerdo, que leva 1 gol e 2 asistencias coa Celta Fortuna en Primeira Federación, estrearase nunha convocatoria do primeiro equipo no Estadio de Mendizorrotza.

Giráldez non quixo forzar o regreso do internacional sub-21 sueco Williot Swedberg, quen esta semana xa traballou co grupo pero non está ao cen por cento. As outras dúas baixas por lesión son o extremo Hugo Álvarez e o central Carlos Domínguez.

Giráldez falou das dificultades de Mendizorroza.

“Da miña curta experiencia en Primeira División é dos campos máis complexos, por non dicirche o máis complexo. Paréceme un campo moi particular. Xunto con Vallecas, seguramente sexa o campo que ten un contexto máis particular”, afirmou.

O técnico celeste eloxiou ao seu próximo rival, “un equipo moi intenso xeralmente por historia en situacións de press, que é capaz de xogarche directo e en centro lateral moi ben”, e a identidade que lle deu o técnico arxentino Eduardo ‘Chacho’ Coudet.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos