Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSdeG e BNG critican a condena a García Ortíz; o PPdeG esixe responsabilidades políticas

PSdeG e BNG critican a condena a García Ortíz; o PPdeG esixe responsabilidades políticas

Os socialistas "acatan pero non comparten", e desde a formación nacionalista falan dunha "decisión preocupante"

Os populares sinalan a Sánchez e piden a convocatoria de eleccións

G24.gal 21/11/2025 14:36

A sentenza do Tribunal Supremo non convence os socialistas de Galicia, din que acatan, pero non comparten, a decisión xudicial.

"Non nos parece que estea fundamentada. Non concorda co que parece evidente despois de ver o xuízo. Non a compartimos", di o deputado socialista Julio Torrado.

Unha sentenza, din os nacionalistas, da que non se coñecen aínda os fundamentos xurídicos. Ana Pontón cre que é unha decisión preocupante.

"Xuíces que traballan para facer política co único obxectivo de derrotar un goberno que ten o aval democrático do Congreso", razoa a portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón.

Dede o Partido Popular esixen responsabilidades políticas. E piden a convocatoria de eleccións. 

"Sabemos que Pedro Sánchez vai seguir aguantando. A pregunta é canto máis teñen que seguir aguantando os españois", di Diego Calvo, vicepresidente da Xunta e vicesecretario do PPdeG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade