Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os centros de crise dan apoio ás vítimas de violencia sexual 24 horas ao día

Os centros de crise dan apoio ás vítimas de violencia sexual 24 horas ao día

"As denuncias van aumentar e en dous anos pode que se necesite outro maxistrado de violencia en Santiago", di a xuíza Paz Filgueira

A maxistrada confía en que a especialización dos xulgados de violencia de xénero permita rematar co nesgo entre o rural e urbe: "Non hai vítimas de primeira e de segunda", defende

G24.gal 25/11/2025 14:36

Os centros de crise dan apoio 24 horas ás mulleres vítimas de violencia sexual desde o primeiro momento. En Santiago leva case un ano en funcionamento no Hospital Clínico Universitario.

"O centro de crise vai facer un apoio de 24 horas ás vítimas de violencia sexual presenten ou non presenten denuncia". "Algo extraordinario, como estamos vendo no último trimestre. Estamos vendo que menores, e menores con discapacidade, con denuncias graves de violencia sexual acoden coa súa familia ao centro de crise para vir ao xulgado e afrontar a denuncia", di a maxistrada Paz Filgueira.

Galicia reforza a capacidade xudicial para atender delitos de violencia de xénero catro novas seccións especializadas en Santiago, Ourense, A Coruña e Vigo, que se suman aos dous xulgados xa existentes na comunidade.

"Todos os estudos, todas as estatísticas afianzan e eu manteño que a comarcalización é un dos grandes avances que vai ter o sistema".
"Vai evitar as grandes diferenzas entre o rural e o urbano". "Non hai vítimas de primeira e de segunda".

Neste momento en España hai 103 xulgados que levan esta materia... 355 compartidos levan todo tipo de investigación...

"O que vai acontecer e que todos os concellos que se agrupen a esa comercialización vanse beneficiar dunha fiscalía especializada, dunha protección á vítima, dunha profesionalización de psicólogos de atención", afirma Paz Filgueira.

Confía a maxistrada en que a especialización dos xulgados facilite as denuncias das vítimas que viven no rural. A metade das mulleres que residen en aldeas coñece un caso de violencia machista na súa contorna, segundo unha enquisa recente.

"O que vai acontecer e que todos os concellos que se agrupen a esa comercialización vanse beneficiar dunha fiscalía especializada, dunha protección á vítima, dunha profesionalización de psicólogos de atención", di.


A comarcalización dos xulgados de violencia de xénero suporá un incremento das denuncias de arredor dun trinta por cento, segundo a maxistrada.

"Vanse incrementar as denuncias en menos de dous anos, mesmo pode que se necesite outro maxistrado de violencia en Santiago, vai haber máis denuncias en violencia sexual, non é que haxa máis violencia sexual. Ningunha estatística di isto pero si hai máis denuncias, se o sistema responde...", asegura a maxistrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade