Cargando resultados...
25-N, aumentan en Galicia as denuncias por violencia contra a muller
A Xunta insiste en que a denuncia non é requisito imprescindible para acceder ás axudas
24/11/2022 14:05
Este venres, 25 de novembro, conmemorase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. En Galicia, nos últimos meses presentáronse máis de 1800 denuncias. Dende a Xunta insisten en que hai recursos para todas as vítimas, mesmo aquelas que aínda non presentaron denuncia.
Segundo a Secretaria Xeral de Igualdade, "en Galicia mudaron moitas cousas, e, no ámbito da violencia de xénero, para acudir a algún servizo ou recibir un apoio económico para saír da dependencia económica do agresor, non é necesario presentar unha denuncia".