Publicador de contidos

Publicador de contidos

A oitava olimpíada galega da FP reúne 250 alumnos

A oitava olimpíada galega da FP reúne 250 alumnos

Os alumnos de formación profesional de toda Galicia amosan estes días en Silleda as súas habilidades

G24.gal 28/10/2025 14:25

A olimpíada celébrase cada dous anos. En Galicia vai pola oitava edición, e superar esta fase é imprescindible para estar no mundial, así que no mundo da FP a expectación é máxima desde hoxe e ata o xoves. Cando remata esta fase.

É todo un desafío, para os alumnos seleccionados nas 36 modalidades que van a competición, desde soldadura, peiteado, florería, panadería ou téxtil. Un reto tamén para os profesores, que participan como xurado.

Pero os concursos son tamén un grande espectáculo para os alumnos que asisten como público, e que teñen a posibilidade de probar as habilidades propias doutras profesións. Oficios con futuro, polos que optan 70.000 alumnos en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade