Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte e cinco coleccións soben á pasarela de Despunte

Vinte e cinco coleccións soben á pasarela de Despunte

Os alumnos da Escola de Deseño Mestre Mateo presentan os traballos de fin de grao

G24.gal 29/02/2024 21:27 Última actualización 29/02/2024 21:38

Os novos talentos da moda galega presentan as súas coleccións en Despunte.

Son 25 coleccións. É o traballo fin de grao dos alumnos da Escola de Deseño Mestre Mateo. A carta de presentación ao mundo profesional.

Teñen liberdade total de temática.

Así está o Club da Hortensia ou a aposta pola sustentabilidade, pola reciclaxe. Outra das propostas conxuga o noso traxe e o loito para traelo ao século XXI pasado pola peneira das mulleres da familia do deseñador.

Despunte reparte máis de 7.000 euros en premios.

No xurado hai auténticos referentes da moda como Roberto Verino, que patrocina o premio á mellor colección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar