Publicador de contidos

Publicador de contidos

25 anos da primeira emisión en directo por Internet da CRTVG

25 anos da primeira emisión en directo por Internet da CRTVG

O Día das Letras de 1997, a Galega foi a primeira canle de Europa e a sétima do mundo en emitir en tempo real pola Rede as 24 horas do día

A CRTVG foi a primeira en España en lanzar unha canle 24 horas en Youtube, a primeira pública en usar tecnoloxía 5G e a primeira en experimentar coa 'slow tv'

G24.gal 17/05/2022 13:07

Coincidindo co Día das Letras Galegas, a Televisión de Galicia convertíase en 1997 en pioneira en toda Europa na emisión en tempo real as 24 horas do día. Fai 25 anos, a TVG lograba que os usuarios da Internet da época tiveran acceso durante todo a xornada á emisión de ‘Galicia TV’, a súa canle internacional. 

Despois dun breve período de probas (abril de 1997), en que se puido constatar unha recepción excelente desde Malaisia a Chile, a TVG convertíase na primeira canle de Europa e a sétima do mundo en emitir en tempo real. Para conectarse, o usuario precisaba dun módem á velocidade de 28,8 kbs.

Ese 17 de maio, ademais de poder elixir a emisión da canle internacional da TVG, os usuarios da páxina da CRTVG dispoñían de vídeos promocionais da Radio Galega e da TVG, amais dun vídeo musical do espazo infantil e xuvenil ‘Xabarín Club’ e unha entrevista ao lucense Ánxel Fole, escritor homenaxeado ese ano no Día das Letras Galegas.   
 

Canle 24 horas en YouTube, 5G e 'slow tv'

A aquela primeira acción na Internet de fai 25 anos foron seguindo moitas outras, sempre na liña da innovación no eido dixital. Actualmente, a CRTVG segue a achegarse ás novas linguaxes para alcanzar a todos os públicos nas canles onde se atopan, e para iso experimenta con novos xeitos de comunicación e a innovación tecnolóxica.

A TVG foi tamén a primeira canle de España en lanzar unha canle YouTube 24h e a primeira televisión pública en retransmitir con éxito a través da tecnoloxía 5G. En canto aos formatos, o éxito do #DígochoEu en TikTok é un exemplo máis da versatilidade da estratexia innovadora da canle, que tamén foi a primeira en facer ‘slow tv’ en España co programa ‘Destino Santiago’ no ano 2017.
    
En 2021 tamén se lanzaron proxectos coma o portal de noticias G24.gal, o portal de podcasts radiogalegapodcast.gal e se apostou polos streamings en Twitch e Tik Tok como vía de comunicación cos máis novos no eido da promoción da lingua galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar