Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asaltan 21 negocios no Barco en dous meses

Asaltan 21 negocios no Barco en dous meses

O modus operandi é o mesmo: collen a tapa dun sumidoiro e escachan o escaparate para entrar no negocio polo buraco do cristal

Unha vez dentro rouban os cartos da caixa rexistradora

A Garda Civil xa ten identificados dous presuntos ladróns, coñecidos delincuentes da vila

G24.gal 10/01/2025 14:05 Última actualización 10/01/2025 14:27

Importante vaga de roubos no Barco de Valdeorras. A Garda Civil xa detivo dous veciños da vila como presuntos autores, pero quedaron en liberdade e os asaltos, principalmente en negocios, continúan. 21 roubos houbo na vila do Barco dende novembro, só nos dez días que levamos de xaneiro xa van seis asaltos.

Os comerciantes están atemorizados, preocupados e séntense impotentes. O modus operandi acostuma ser o mesmo, os ladróns empregan unha tapa de sumidoiro para escachar os escaparates, por eses buracos nos cristais acceden ao negocio.

Unha cafetería do centro do Barco foi un dos últimos negocios asaltados. Levaron uns 500 euros da caixa rexistradora, a recadación do día anterior. A Garda Civil detivo o presunto autor na allada cando estaba facendo o mesmo noutro negocio da vila. Levan 21 roubos dende novembro.

A noite antes de Reis, escolleron unha tenda de electrodomésticos. O modus operandi, igualiño.
Conseguiu 500 euros e fuxiu polo mesmo oco.

As imaxes da cámara axudaron a identificar o suposto asaltante, un coñecido delincuente de 43 anos do Barco. A Garda Civil xa lle tomou declaración investigado por estes feitos. Sospeitan que o mesmo ladrón podería estar detrás doutro roubo nunha tenda de produtos galegos gourmet.

O propietario dun estanco segue co susto no corpo, un home cunha pistola de aire comprimido ameazouno e pechouno nun cuarto e marchou con 700 euros da caixa. Outro dos roubos que romperon a tranquilidade do Barco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar