Publicador de contidos

Publicador de contidos

21 actas por posesión de droga no control policial dun after de Matogrande

21 actas por posesión de droga no control policial dun after de Matogrande

A policía despregou un amplo dispositivo no local a primeira hora da mañá

Os veciños expresan seu malestar polos comportamentos incívicos na contorna do pub

G24.gal 03/11/2025 14:14

Cando os axentes chegaron, pasadas as oito desta mañá, o local aínda estaba cheo de xente apurando a festa do Halloween. Tratábase dun control rutineiro, pero despregou un amplo dispositivo da Policía Local. Saldouse con 21 actas por posesión de droga para autoconsumo, un número moi superior ás sete da anterior redada. 

Os veciños de Matogrande levan tempo denunciando os problemas de convivencia que xera este local de ocio nocturno na zona. 

"Temos problemas de insalubridade, ouriñan e vomitan en calquera sitio. Ademais quedamos sen taxis no barrio desde o venres ata o luns a media mañá. Como son conflitivos, os taxis xa non veñen por aquí", explica María Salgado, presidenta da Asociación de veciños de Matogrande.

O incidente máis grave produciuse o pasado febreiro, cando uns clientes feriron con pedras catro axentes que facían un control de horario no after. Pero máis aló deste feito puntual, a veciñanza di que os comportamentos incívicos se repiten cada fin de semana na contorna do local e piden unha solución definitiva.

"A nós gustaríanos que pechase o local, pero iso non sei se é posible se non hai orde xudicial. A ver se coas sancións que teñen habitualmente acaban pechando. Pero entendo que é un tema xudicial".

Cren que o problema vai a peor co tempo e agardan que alguén tome medidas para recuperar a boa convivencia no barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade