Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un detido en Redondela por vender droga na contorna dos institutos

Un detido en Redondela por vender droga na contorna dos institutos

Collérono con 9 gramos de cocaína e 1.700 euros en efectivo

G24.gal 31/10/2025 14:51

A operación desencadeouse a media mañá, hora do recreo nos institutos da zona. A Policía Xudicial estaba a facer labor de prevención do consumo e venda de estupefacientes, cando viron un presunto consumidor e seguírono para tentar chegar ao distribuidor. 

"Decatáronse da presenza desta persoa, que estaba acompañada de estudantes", relata a voceira da Policía Nacional, María Buyo. Isto fixo que os axentes sospeitasen dunha actitude estraña, pensaron se estaría tratando de vender substancias estupefacientes aproveitando ese horario escolar", engade.

O home estaba entre os estudantes, e rodeado de centros educativos, instalacións deportivas e incluso comisarías de policía, na contorna da avenida Mendiño. E discreto non era, segundo conta a policía:

"Os coches paraban alí cerca deles, e esta persoa achegábase ata o cliente, dáballe a droga, recibía o diñeiro e volvía agardar por un novo comprador. Os axentes viron como se achegou a un coche, meteuse dentro e intercambiaba algo por cartos".
 

E logo, repetiu a manobra e foron por el. "Cacheouse á persoa e atoparon 9 gramos dunha substancia poeirenta e branca, dividida en once bolsas termoseladas. Trátase de cocaína. Ademais tiña 110 euros en efectivo", di María Buyo.

Tiña tamén un patinete e un neceser, onde había máis cartos. En total, levaba 1.700 euros en efectivo. O detido, de 20 anos, xa tiña antecedentes. Foi posto á disposición xudicial, como presunto responsable dun delito de tráfico de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade