Publicador de contidos

Publicador de contidos

2023, un ano récord en comisos de cocaína en Galicia

2023, un ano récord en comisos de cocaína en Galicia

21.000 quilos incautados e desartellado o maior narcolaboratorio de Europa

G24.gal 20/01/2024 15:30 Última actualización 19/01/2024 18:55

2023 foi un ano histórico en comisos de cocaína en Galicia. As forzas de seguridade impediron a entrada e distribución de 21.000 quilos.

Volveron comisar droga en pesqueiros despois de varios anos. 

E a localización do Poseidón, afundido en augas da Arousa, confirmou o uso de submarinos para o transporte.

Pero a loita contra o narcotráfico deixa dous fitos importantes: a desarticulación do maior laboratorio de cocaína en Europa, en Cerdedo-Cotobade, e a detección de grandes alixos ocultos en mercadorías portuarias.

Entre eles os 7.500 quilos de cocaína agochados entre lombos de atún que chegou nun único contedor ata unha empresa de conxelados de Cambre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade