125 anos de historia do Instituto Otero Pedrayo de Ourense
Garda boa parte da historia da ensinanza desde mediados do século XIX
O seu museo poderá ser visitado en breve polos cidadáns
É un dos mellores exemplos da arquitectura civil modernista
É unha das pezas únicas coas que conta o instituto Otero Pedrayo de Ourense, e agora é o alumnado o que está a rexistrar en arquivos sonoros o que será a audioguía do seu museo.
Un proxecto de musealización en que levan máis de dous anos traballando para amosarlle á cidadanía as súas preto dun milleiro de pezas: fondos bibliográficos como a segunda edición dun Copérnico, coleccións de historia natural, e todo tipo de material didáctico de ciencias e física gardados nestas paredes.
Un verdadeiro museo nun instituto, o primeiro laico da cidade de Ourense, onde estudaron ademais de Otero Pedrayo, figuras senlleiras da cultura galega, como Vicente Risco, Ángel Valente, ou Carlos Casares.