Publicador de contidos

Publicador de contidos

San Simón Fiddle, un campamento de verán en que os violíns fan bailar

San Simón Fiddle, un campamento de verán en que os violíns fan bailar

A duodécima edición ten lugar na Illa de San Simón entre o 3 e o 9 de xullo

G24.gal 04/07/2023 18:07

A illa de San Simón, na ría de Vigo, acolle dende o 3 ao 9 de xullo a 12.ª edición do San Simón Fiddle, un campamento musical de verán en que os protagonistas son nenos, adolescentes e instrumentos que van dende o violín ao cello, pasando polas pandeiretas ou as cunchas. Nesta edición hai tamén cabida para a música cajun de Luisiana, un xénero singular que conxugará con melodías que poden ir dende Bach a Bad Bunny pasando por Rosa de Moscoso. 

O Sas Simón Fiddle (SSFC) é un curso de música especialmente destinado a nenos e nenas, en que se combinan actividades musicais con outras de lecer e tempo libre. O curso está destinado a aqueles alumnos que teñan como mínimo un ano de coñecemento do instrumento. Non obstante, coa intención de ofrecer a posibilidade de ter un primeiro achegamento ao violín tradicional, o SSFC abrirá un grupo destinado a principiantes en que non será imprescindible ter coñecemento ningún do instrumento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade