Publicador de contidos

Publicador de contidos

Once detidos e máis de 50 kg de droga comisados na operación en que caeu Javillo

Once detidos e máis de 50 kg de droga comisados na operación en que caeu Javillo

O traficante de heroína vilanovés está na prisión do Pereiro de Aguiar

Considérano líder dunha rede que collía droga en Pontevedra, Madrid e Sevilla para distribuíla por toda Galicia e León

A droga agochábase en garaxes de Ourense e transportábase en coches con dobre fondo

Detención de Javillo o pasado 9 de decembro en Sanxenxo
Ana Lois 30/12/2021 17:00

Foi o 9 de decembro cando un impresionante dispositivo policial arrestou a Javillo nunha gasolineira de Sanxenxo. O coñecido traficante vilanovés tiña que estar no cárcere, pero fugárase nun permiso penitenciario e, ao parecer, seguía cos seus negocios. Nese momento acababa de recibir seis quilos de heroína dun colombiano.

Os axentes da Policía, da Garda Civil e da Axencia Tributaria collérono co cargamento no coche despois dunha persecución de película. Javillo ingresou no cárcere despois de declarar ante un xulgado de Ourense. 

A raíz da súa detención fixéronse rexistros domiciliarios na cidade das Burgas e tamén en Sanxenxo. E as forzas de seguridade detiveron 11 persoas. Están acusadas de formar unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas.

Segundo a investigación, recollían a droga en Madrid, Sevilla e Pontevedra. Logo transportábana en vehículos con dobre fondo e ocultábana en garaxes de Ourense. Alí almacenaban a droga que logo distribuían por distintos puntos de Galicia e León. 

Os axentes incautáronse de 43 quilos de haxix, cinco quilos e medio de heroína e máis de 4 quilos e medio de cocaína, así como numerosa documentación e máis de 18.000 euros en efectivo. 

A investigación que agora conclúe, comezou a principios de xaneiro. Sete dos detidos, entre eles o responsable do grupo, ingresaron na prisión do Pereiro de Aguiar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade