Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Terra' acada o millón de visitas en YouTube, a máis reproducida do Benidorm Fest na plataforma

'Terra' acada o millón de visitas en YouTube, a máis reproducida do Benidorm Fest na plataforma

Tanxugueiras seguen sendo as favoritas nas enquisas dos eurofáns

G24.gal 28/12/2021 19:01

Tanxugueiras acada o millón de visualizacións en YouTube no seu tema 'Terra', o primeiro en superar esta cifra na plataforma das cancións que se presentan ao Benidorm Fest. Este récord de visualizacións chega unha semana despois de publicar 'Terra'.

No Festival, que se celebra a finais de xaneiro na cidade valenciana, decidirase que artista representará a España en Eurovisión 2022.

Ademais, o grupo de Olaia, Aida e Sabela segue sendo o favorito nas enquisas que realizan os eurofáns. A Tanxugueiras séguenas as artistas Rigoberta Bandini e Rayden.

Publicidade
Publicidade
Publicidade