Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Sirât" leva dous premios Feroz na gran noite para o filme "Los domingos"

"Sirât" leva dous premios Feroz na gran noite para o filme "Los domingos"

A fita de Oliver Laxe acadou dous dos sete galardóns aos que optaba: mellor tráiler e mellor música orixinal

O traballo da directora vasca Alauda Ruíz de Azúa gañou cinco premios, entre eles, á mellor película dramática

Canto ás series, as grandes triunfadoras foron Poquita fe e Yakarta, con tres estatuíñas cada unha

Oliver Laxe recolle o premio á mellor música orixinal. EFE/Lavandeira Jr. Oliver Laxe recolle o premio á mellor música orixinal. EFE/Lavandeira Jr.
G24.gal 25/01/2026 00:38 Última actualización 25/01/2026 10:17

Los domingos, dirixida por Alauda Ruíz de Azúa, foi a gran triunfadora desta noite na décima terceira edición dos Premios Feroz, que se entregaron no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A fita da realizadora vasca gañou cinco premios: mellor película dramática, mellor dirección, mellor guión, mellor actriz protagonista para Patricia López Arnaiz e mellor actriz de elenco para Nagore Aramburu.

"Isto é unha miragre, sintoo así", afirmou a directora, que lembrou que as películas "non se fan soas, senón que se fan cos equipos". Na súa gran noite, Alauda Ruíz de Azúa fíxolles un chamamento aos espectadores para que vaian ao cine.

A gala deixou un sabor agridoce para Sirât, de Óliver Laxe, que quedou sen os grandes premios e recibiu só dous dos sete galardóns aos que optaba: mellor tráiler e mellor música orixinal.

Foi o propio director dos Ancares -nominado aos Goya e con dúas candidaturas para os Óscar- o que subiu para recoller este último premio.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade