Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Salvador Sobral: "Non sei cal é o meu estilo, eu son cantor"
O músico portugués actúa esta fin de semana na Coruña e en Vigo
Presenta o seu último traballo, 'bpm', no que colabora Abe Rábade
                
                    
                        Fotografía de Joey Shultz
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            23/03/2023 14:02
                        
                        
                        
                        
                    
                    Salvador Sobral actúa este venres no Teatro Colón da Coruña, con entradas xa esgotadas, e o sábado dará outro concerto no Auditorio Mar de Vigo. O cantor portugués presenta o seu último disco, 'bpm', no que colabora o pianista galego de jazz Abe Rábade.
O cantor portugués, que gañou gran popularidade polo seu triunfo en Eurovisión en 2017, segue apostando polas cancións con alma e con esencia jazz. Sobral falou sobre a súa música e estes concertos en Galicia para o 'Diario Cultural' da Radio Galega, na sección semanal de Tito Lesende.