Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poesía en territorio de conflito

Poesía en territorio de conflito

O festival de poesía Alguén que respira! dedica a súa sétima edición aos conflitos bélicos

Escoitaranse voces poéticas de Palestina, do Kurdistán, do Rif ou do Sáhara

O encontro desenvólvese no Teatro Principal de Santiago e na igrexa da Universidade

 

 

Mohamad Bitari e Alfonso Armada son dous dos participantes no festival Alguén que respira!
G24.gal 22/03/2024 12:21

A sétima edición do festival de poesía Alguén que respira! ten o conflito como eixe temático. Conflitos íntimos, de identidade e sobre todo os conflitos bélicos. Escoitaranse voces poéticas de Palestina, Israel, o Sáhara, o Rif ou o Kurdistán.

Conversamos con dous dos participantes no festival. O reporteiro e poeta Alfonso Armada é o autor do manifesto desta edición, Manifesto fóra de campo ou a guerra é un asasinato, no que apela a rexeitar a indiferenza ante o sufrimento alleo. O poeta, dramaturgo, tradutor e editor palestino Mohamad Bitari, nado nun campamento de refuxiados en Siria, é unha das voces participantes no recital A palabra percórreme a pel como beliscos de lume.

Entre os participantes desta edición están tamén María do Cebreiro e Abe Rábade, Olalla Cociña, Dores Tembrás, Samuel Merino, Guadi Galego e Su Garrido Pombo. O Alguén que respira! desenvólvese ata o sábado 22 de marzo en Santiago, con recitais no Teatro Principal e na igrexa da Universidade. As entradas son de balde, previa retirada do convite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar