Irán evalúa atacar obxectivos militares dos EUA en Europa se Trump intensifica a guerra
Segundo pubica o Financial Times, Teherán estudou posibles ataques contra activos estadounidenses no sueste de Europa
Irán estaría avaliando a posibilidade de atacar obxectivos militares estadounidenses no sur e sueste de Europa se o presidente dos EUA, Donald Trumo, intensifica a guerra, segundo publica este mércores o Financial Times, que cita dúas fontes próximas ao rexime iraniano.
Entre os posibles obxectivos estaría Bulgaria, despois de que o país autorizase o uso da base aerea de Bezmer por avións estadounidenses de reabastecementos. Tamén aparece Chipre, onde unha base aérea británica foi afectada por un dron o pasado marzo, segundo as fontes citadas polo diario.
Ademais as forzas iranianas tamén estudaron a posibilidade de actuar contra cables submarinos de fibra óptica no estreito de Ormuz no caso de que o conflito se intensifique.
Estas ameazas evidencian o endurecemento da posición de Teherán, onde parte do réxime considera que a reanudación da guerra é unha cuestión de tempo. Irán estaría disposto a ampliar o conflito máis alá do Oriente Medio se Estados Unidos atacase infraestruturas iranianas.
Trump afirmou este martes que non existen conversas en curso nin previstas con Teherán, nun momento de bloqueo das negociacións destinadas a poñer fin ao conflito.