Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Pensando en ti', da Radio Galega, celebra cos oíntes os seus 28 anos en antena

'Pensando en ti', da Radio Galega, celebra cos oíntes os seus 28 anos en antena

Os presentadores do espazo Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra reuniron nunha romaría no Carballiño os seus seguidores

Xuntanza 'Pensando en ti' no Carballiño
G24.gal 09/06/2024 22:14

A festa do 'Pensando en ti' arrancaba ás once da mañá deste domingo no Carballiño. Por diante, unha xornada de romaría para poñerlles cara ás voces que cada noite conversan a través da radio.

Os presentadores do programa, Marcial Mouzo e  Ricardo Saavedra levan tamén aquí a batuta e agradecen a  fidelidade aos oíntes.

A primeira actuación foi a cantante lucense Verónica Cambón, nun escenario polo que tamén pasaran María do Ceo, Sito Sedes e a orquestra Trebol entre outros...Todo para celebrar 28 anos de emisión na radio publica galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos