Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas", o lema da CIG para o 1 e maio

"Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas", o lema da CIG para o 1 e maio

Denuncian que "incapaces de enfrontar a grave carestía da vida e de frear o aumento das desigualdades e da pobreza"

G24.gal 24/04/2023 15:24

A Confederación Intersindical Galega (CIG) conmemora o 1 de maio baixo o lema "Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas" ante o rexeitamento ás políticas económicas levadas a cabo tanto polo Goberno galego como polo español.

Políticas que, en palabras do secretario xeral da CIG Paulo Carril son "incapaces de enfrontar a grave carestía da vida e de frear o aumento das desigualdades e da pobreza", como informa o propio comunicado emitido pola CIG.

Nesa mesma liña, a secretaria confederal de Organización Susana Méndez manifestou a súa preocupación pola espiral na subida de prezos que afecta a bens e produtos básicos de consumo.

Un factor que asegurou está "a causar unha importante deterioración nas condicións de vida da clase traballadora e da maioría do pobo galego" a pesar de que Galicia sexa “produtora dos principais produtos da cesta da compra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade