Cargando resultados...
'Matria', de Álvaro Gago, competirá na sección Panorama na Berlinale
A primeira longametraxe do cineasta competirá na sección Panorama do Festival Internacional de Cine de Berlín: "Para min Francisca é un talismán"
O filme, con participación da Televisión de Galicia, chegará ás salas de cine o 24 de marzo
G24.gal
18/01/2023 13:28
Última actualización 18/01/2023 13:44
Rodado en galego en distintas localizacións das Rías Baixas, Matria é un drama social protagonizado por María Vázquez.
O filme, primeira longametraxe de Álvaro Gago, retoma a personaxe protagonista da curtametraxe homónima pola que recibira numerosos recoñecementos, entre eles o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance en 2018. Conta a historia de Ramona, unha traballadora das conserveiras en Arousa.
Matria únese a Sica, de Carla Subirana, que se estreará en Berlín na sección Generation.