O cine mexicano conquista o OUFF: dende Ripstein ata Lila Avilés
Arturo Ripstein recolle o premio de honra e proxéctase unha versión nova de Profundo Carmesí
O veterán realizador di que "falta respecto" en moitos filmes contemporáneos
Lila Avilés presenta Tótem no certame ourensán tras triunfar na Berlinale
Un dos protagonistas do Festival de Cine de Ourense este ano foi o mexicano Arturo Ripstein. O autor de filmes tan prestixiosos como Profundo Carmesí ou El diablo entre las piernas recibiu o premio de honra por toda a súa traxectoria da que fai repaso na súa entrevista.
Tótem, a segunda película de Lila Avilés, galardoada xa en varios festivais, entre eles no de Berlín, onde conseguiu o Premio do Xurado Ecuménico. A realizadora mexicana tamén estivo en Ourense, no OUFF. Se Ripstein é o director consagrado, Lila Avilés representa un dos novos valores emerxentes da cinematografía mexicana.