Cargando resultados...
Jaione Camborda triunfa no Festival de San Sebastián con 'O corno'
'O corno' é a segunda película da directora donostiarra residente en Galicia Jaione Camborda
Unha historia ambientada na Galicia dos 70 sobre a ausencia de dereitos reprodutivos
'O corno' estréase mañá no Curtocirtuíto de Santiago
G24.gal
02/10/2023 15:20
Última actualización 02/10/2023 16:31
"A diversidade non fai máis que enriquecernos e facernos máis libres". Son palabras de Jaione Camborda mentres recollía a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. É a primeira Cuncha de Ouro a unha directora española e a unha película en idioma galego.